Fago, logo aprendo

XuvenLab: Os kits de experimentación para aulas de Ensino Medio

O método científico apréndese facendo. Esta é a filosofía de XuvenLab, unha spin off da Universidade de Santiago de Compostela, que xorde a partir do grupo de innovación docente XuvenCiencia do Campus de Lugo. A importancia da experimentación na aprendizaxe das Ciencias é ben coñecida por todos, tendo esta beneficios evidentes na motivación do alumnado. […]