Divulgación científica
Campus de Verán
O Campus de Verán XuvenCiencia é unha actividade presencial dunha semana de duración consistente en obradoiros, charlas interactivas, visitas a servizos e centros de investigación e, sobre todo, proxectos científico-técnicos ou científico-sociais específicos, nos que o alumnado participa activamente e entra en contacto con diversos eidos das ciencias e da tecnoloxía
Ciencia á Feira
Ciencia á Feira é un proxecto financiado pola FECYT que ten como obxectivo achegar a ciencia e a tecnoloxía ás persoas residentes en distintos municipios de Galicia, mediante un ciclo de obradoiros que se realizan coincidindo coas feiras municipais. XuvenLab procura sempre a colaboración e implicación cos diferentes organismos que operan en cada territorio: escolas e institutos, concellos, Deputación Provincial, Xunta, Administración Xeral do Estado…
G-Night
A Noite Europea das Persoas Investigadoras é un evento de divulgación científica que se celebra de xeito simultáneo en toda Europa o último venres de setembro e que reúne milleiros de persoas que se achegan á ciencia nos espazos cotiáns das súas cidades: parques, rúas, prazas, mercados…
Lambiscadas Científicas
As Lambiscadas Científicas de XuvenLab son obradoiros de ciencia cidadá para público xeral en colaboración coa área de Medio Rural da Deputación de Lugo. Interésanos o mesmo que che interesa a ti e por iso o noso equipo prepara charlas e actividades interactivas e adaptadas, orientadas a persoas curiosas de todas as idades