Fago, logo aprendo

Campus de Verán

O Campus de Verán XuvenCiencia é unha actividade presencial dunha semana de duración consistente en obradoiros, charlas interactivas, visitas a servizos e centros de investigación e, sobre todo, proxectos científico-técnicos ou científico-sociais específicos, nos que o alumnado participa activamente e entra en contacto con diversos eidos das ciencias e da tecnoloxía

A primeira edición do Campus de Verán XuvenCiencia celebrouse no ano 2013. Atesouramos máis dunha década de experiencia na organización de campamentos científicos para adolescentes que cursan terceiro e cuarto da ESO, Bacharelato e ciclos medios de Formación Profesional. Arredor de 1.500 rapaces e rapazas de Galicia, España e Portugal teñen pasado polo Campus XuvenCiencia, que actualmente oferta arredor dun centenar de prazas. O Campus de Verán XuvenCiencia serve para afianzar vocacións nos eidos das ciencias naturais, experimentais, da saúde, nas enxeñarías e tamén nas ciencias sociais e nas humanidades e, sobre todo, é unha ocasión inmellorable para pasalo ben e facer amizades para toda a vida.