Participamos na xestión do proxecto Ciencia á Feira, liderado polo grupo de innovación docente XuvenCiencia do Campus de Lugo da USC e financiado pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT). Ciencia á Feira constitúese como unha proposta de ciencia comunitaria e interxeracional que aproveita as datas sinaladas das feiras e dos mercados tradicionais para acudir tanto aos centros escolares de diferentes municipios galegos como tamén á poboación xeral. Durante o curso 2024/2025 as feireantes de Ciencia á Feira desprazaranse ata os municipios da A Fonsagrada, Castro de Rei, Castroverde, Foz, Lugo (Nadela), Melide, Palas de Rei e Triacastela.