Fago, logo aprendo

G-Night

A Noite Europea das Persoas Investigadoras é un evento de divulgación científica que se celebra de xeito simultáneo en toda Europa o último venres de setembro e que reúne milleiros de persoas que se achegan á ciencia nos espazos cotiáns das súas cidades: parques, rúas, prazas, mercados…

XuvenLab encárgase da organización da Noite Europea das Persoas Investigadoras en Lugo, en colaboración co grupo de innovación docente XuvenCiencia, a asociación de investigadores/as AgroMar do Campus de Lugo e as áreas de Participación Cidadá e Servizos á Veciñanza e Dinamización Económica do Concello de Lugo. En Galicia, as cidades de Santiago, Lugo, Vigo, Ourense, Pontevedra, A Coruña e Ferrol súmanse a esta iniciativa promovida pola Comisión Europea a través da G-Night, o evento que busca achegar a figura da persoa investigadora no contexto galego, así como dar a coñecer a investigación e os seus beneficios, á sociedade en xeral, prestando especial atención ás vocacións científicas.