Formación de profesorado
XuvenLab xestiona actividades de formación permanente do profesorado, grazas a un equipo que conta con experiencia na impartición de cursos tanto na comunidade autónona de Galicia, en colaboración cos Centros de Formación e Recursos (CFR) e do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), dependentes da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, así como en Portugal, en virtude do proxecto europeo Phereclos.
A práctica investigadora na aula, a partir dos kits de experimentación de XuvenLab, constitúe o eixo vertebrador dos nosos programas formativos, dirixidos a docentes de ensino medio (ESO, BAC, FP). As sesións inclúen tamén uns contidos específicos para o tratamento, publicación e divulgación dos resultados que se obteñan da experimentación en clase.
Os docentes reciben unha formación en método científico, investigación e comunicación científica e, asemade, uns coñecementos especializados para traballar co seu alumnado nos experimentos deseñados a partir dos kits de experimentación XuvenLab desenvolvidos polo noso equipo integrado por persoal investigador da Universidade de Santiago de Compostela.