O kit Animal CSI permite traballar a anatomía e organización dos seres vivos, así como a morfoloxía celular e os tecidos a partir da resolución de casos que levan a investigar as causas da morte dun animal: doenzas?, patóxenos?, traumatismos?, envelenamento ou intoxicacións? Os experimentos no laboratorio inclúen a necropsia, a preparación de materiais biolóxicos en portaobxectos para a súa avaliación microscópica e a identificación de órganos, tecidos, células e patóxenos e a realización dun frotis sanguíneo.

Con que alumnado se pode empregar?
  • Materia de Bioloxía en Secundaria e Bacharelato.
  • Anatomía Aplicada de Bacharelato.
  • Ciclos de Formación Profesional das familias da saúde humana e animal e agrogandeiras.
  • Clubs de ciencias.
  • STEMBach.
Que leva o kit?
  • 1 colección de 5 casos para ver ao microscopio óptico.
  • 1 caixa con 50 portaobxectos.
  • 1 caixa con 100 cubreobxectos.
  • 1 kit panóptico rápido para tinguiduras.
  • 3 recipientes para facer a tinguidura panóptico rápido.
  • 1 estoxo con material de disección:
  • 1 bisturí (con 2 follas cortantes).
  • 1 tesoira.
  • 1 pinza.
  • 1 pipeta de plástico.
  • 1 bote de solución salina (5 mL).
  • 1 par de luvas de nitrilo.