Fago, logo aprendo

AQUALAB

Actividades relacionadas coa auga, a súa xestión e o seu consumo responsable.

Este kit permite realizar un balance hídrico nunha maceta para calcular os compoñentes do ciclo hidrolóxico en función do tipo de solo. Contén sensores e instrucións para elaborar unha curva de calibrado. Un recurso ideal para a materia de Bioloxía e Xeoloxía de ESO e Bacharelato, Xeoloxía e Ciencias ambientais en Bacharelato e ciclos de FP das familias Agraria, Enerxía e Auga e Seguridade e Medio Ambiente.

Testemuños

O kit AQUALAB está moi ben, vouno empregar para o ano co alumnado de 2º bach en Tecnoloxía e Enxeñería, porque este ano empezamos a programar con arduino. Como na materia de Tecnoloxía traballamos a programación, non vin claro que só tomaran medidas co sensor de humidade sen entender o programa.

Ana, profesora de Tecnoloxía en Secundaria e Bacharelato