O kit Vitroplant de XuvenLab permite realizar actividades relacionadas co cultivo in vitro de árbores. Consta básicamente de cultivos in vitro de varias especies arbóreas, en fase de multiplicación ou de enraizamento, e doutros materiais para levar a cabo a aclimatación dos cultivos e a preparación de diferentes medios de cultivo. Para manter os cultivos é necesario dispor dunha pequena cámara de cultivo, para cuxa instalación danse instrucións nas fichas do kit. As actividades están pensadas para que o profesorado poida levalas a cabo de forma autónoma, aínda que existirá unha colaboración por parte do responsable do proxecto na USC.
Con que alumnado se pode empregar?
- Materia de Bioloxía de ESO e Bacharelato.
- Materia de Ciencias Ambientais de Bacharelato.
- Ciclos de Formación Profesional das familias Agraria e de Medio Ambiente.
- Escolas de Capacitación Agraria.
- Clubs de Ciencias
- STEMBach.
Que leva o kit?
- Libreta con fichas de actividades.
- Sales minerais, sacarosa, frutosa, reguladores do crecemento (6- bencil-aminopurina: BAP, Ácido-3-indolbutírico: AIB),
- 1 bote NaOH (1N) + Bote HCl (1N) [25 ml/bote] + Caixa de 20 tiras pH 5,2-6,7.
- 24 tubos Eppendorf® (1-2 ml) estériles.
- 1 filtro Millipore® (0,22µ).
- 2 xiringas estériles (20 ml).
- 2 matraces (30 ml medio) de cultivo de Myrica gale (5 explantos) en medio WPM + 0,2 mg/l BAP + 30 g/l sacarosa + 7 g/l agar (pH: 5,3).
- 1 recipiente (90 ml medio) de cultivo de Ilex x Koehneana (12 explantos) en medio WPM + 1,0 mg/l BAP + 30 g/l sacarosa + 7 g/l agar (pH: 5,6).
- 24 alvéolos plásticos.
- 24 vasos plásticos para aclimatación.
- Mestura de substrato (turba rubia de Sphagnum: perlita; 1:1) semi-estéril (bolsa 2 L).
- Ácido-3-indolbutírico (0, 4000, 8000 ppm AIB) en
- 4 sobres con 10 láminas de papel estériles.