Un kit completo con todo o necesario para facer unha disección e para poder observar diferentes mostras de tecido animal ao microscopio. Contén unha tinción que nos deu moito xogo no instituto cos nosos alumnos de Anatomía Aplicada e o Clube de ciencias. O kit ANIMAL CSI presenta un maletín con portaobxectos, cubreobxectos, tinción panóptico rápido, un estoxo de diseción, luvas e con supostos prácticos que nos proporcionaron no curso de Xuvenciencia, co que tivemos o necesario para facer moitas prácticas. Quedamos moi satisfeitas.