Fago, logo aprendo

O método científico apréndese facendo.

XUVENLAB é unha spin-off da Universidade de Santiago de Compostela, que xorde a partir do grupo de innovación docente XuvenCiencia do campus de Lugo. O noso obxectivo é proporcionar ao profesorado de Ensino Medio unha versión mellorada dos kits de experimentación deseñados polo grupo para realizar prácticas de laboratorio. Así mesmo, ofrecemos o asesoramento necesario para implementar a súa utilización nos centros educativos. Os nosos kits pretenden revolucionar a ensinanza das ciencias coa filosofía do aprender facendo e democratizar o acceso a innovación científica desde os niveis preuniversitarios.

Kits de
experimentación

Os kits deseñados na universidade permiten por en práctica o método científico e traballar contidos relacionados coas materias STEAM de forma práctica.

Os teus eventos
de ciencia

Encargámonos de organizar e xestionar actividades de divulgación científica e proxectos de ciencia cidadá para públicos diversos e de todas as idades.

Un apoio
para profes

Impartimos cursos de formación docente para profesorado de ensino medio, en grupos reducidos e con contidos específicos en metodoloxía investigadora e difusión de resultados.

Helga Peral Varela

Con XuvenLab conxugo a miña curiosidade científica, o meu carácter emprendedor e a miña vocación docente

OS NOSOS KITS

PHOTONICS EXPLORER

Experimentos con fibra óptica, láseres, lentes e LEDs sen necesidade de laboratorio

VITROPLANT

Técnicas de cultivo en tubos de ensaio para a multiplicación, enraizamento e aclimatación de árbores

AQUALAB

Actividades relacionadas coa auga, a súa xestión e consumo responsable e a medición de constantes ambientais

FOTOMETRIX

Análise fotométrica do contido de proteínas en líquidos biolóxicos grazas ao fotómetro móbil de XuvenLab

ANIMAL CSI

Actividades no eido das ciencias da saúde: necropsias, avaliación microscópica, preparación de mostras...

Empreguei diferentes kits tanto nas prácticas do primeiro curso coma no proxecto de investigación do segundo curso de Stembach. Estes kits facilitan o noso traballo e reducen o tempo de preparación das prácticas. Co kit FOTOMETRIX, realizamos un proxecto de cuantificación de proteínas en carne de polo.

Belén. Profesora de CM de Operacións de Laboratorio e CS de laboratorio de análise e control de calidade

Reproducimos, nas condicións do noso centro educativo, os pasos necesarios para a clonación da especie Ilex x koehneana, dende a preparación dos medios de cultivo ata a aclimatación dos explantos obtidos. Logramos unhas condicións de asepsia aceptables para o establecemento in vitro das nosas mostras, aínda sen cámara de fluxo laminar, mediante o uso de chisqueiros de alcohol e sen observar sinais de contaminación tras 40 días en ningún dos 24 recipientes preparados. Ao mesmo tempo testamos a influencia de auxina (AIB) aplicada mediante dúas técnicas, na formación de raíces e posterior desenvolvemento das plantas, acadando 100% de aclimatación.

Alumnado de 4º de ESO no IES Xoán Montes de Lugo no curso 2022/2023