O método científico apréndese facendo.
XUVENLAB é unha spin-off da Universidade de Santiago de Compostela, que xorde a partir do grupo de innovación docente XuvenCiencia do campus de Lugo. O noso obxectivo é proporcionar ao profesorado de Ensino Medio unha versión mellorada dos kits de experimentación deseñados polo grupo para realizar prácticas de laboratorio. Así mesmo, ofrecemos o asesoramento necesario para implementar a súa utilización nos centros educativos. Os nosos kits pretenden revolucionar a ensinanza das ciencias coa filosofía do aprender facendo e democratizar o acceso a innovación científica desde os niveis preuniversitarios.
Kits de
experimentación
Os kits deseñados na universidade permiten por en práctica o método científico e traballar contidos relacionados coas materias STEAM de forma práctica.
Os teus eventos
de ciencia
Encargámonos de organizar e xestionar actividades de divulgación científica e proxectos de ciencia cidadá para públicos diversos e de todas as idades.
Un apoio
para profes
Impartimos cursos de formación docente para profesorado de ensino medio, en grupos reducidos e con contidos específicos en metodoloxía investigadora e difusión de resultados.
SOBRE NÓS
OS NOSOS KITS
PHOTONICS EXPLORER
VITROPLANT
AQUALAB
FOTOMETRIX
ANIMAL CSI
Testemuños


Reproducimos, nas condicións do noso centro educativo, os pasos necesarios para a clonación da especie Ilex x koehneana, dende a preparación dos medios de cultivo ata a aclimatación dos explantos obtidos. Logramos unhas condicións de asepsia aceptables para o establecemento in vitro das nosas mostras, aínda sen cámara de fluxo laminar, mediante o uso de chisqueiros de alcohol e sen observar sinais de contaminación tras 40 días en ningún dos 24 recipientes preparados. Ao mesmo tempo testamos a influencia de auxina (AIB) aplicada mediante dúas técnicas, na formación de raíces e posterior desenvolvemento das plantas, acadando 100% de aclimatación.
Empreguei diferentes kits tanto nas prácticas do primeiro curso coma no proxecto de investigación do segundo curso de Stembach. Estes kits facilitan o noso traballo e reducen o tempo de preparación das prácticas. Co kit FOTOMETRIX, realizamos un proxecto de cuantificación de proteínas en carne de polo.